A Casa do Vello Cidre
Coma un trombo nas veas da modernidade
Atópase a casa do vello Cidre,
Matria telúrica dunha Galiza que resiste
A esclerose dunhas horas contadas.
A súa mirada de 1910 lévame ao tempo
Dos efémeros amarotes
e as mazás roubadas,
Das conversas cos animais
E o camiño da escola
Sempre tan, tan lonxana.
Coma a perenne vixía da costa de Cangas
EU siento que me fala,
E se por ela fora,
EU sei que xa estaría derrubada.
Pero a casa ten un fillo a quen coidar,
Qué sería do vello Cidre neses aparcadoiros de inminentes mortos,
Nese inmenso loito de branco oriental,
Non, ela, endexamais permitiría iso,
E cas bágoas entre as tellas,
A terra coma chan,
E as paredes de engurras,
Agarima ó vello ate o final.
As veces, a luz da cociña sáeme ó paso
E atisbo a ver ó vello Cidre na súa soidade.
Alomenos él xa sabe o que hai.
0 comentarios:
Publicar un comentario